XXXIV Prémio de Poesia ‘Cidade dce Ourense’ – Regulamento

ourenseA CONCELLARÍA DE CULTURA DO EXCMO. CONCELLO DE OURENSE convoca o
XXXIV PREMIO DE POESÍA “CIDADE DE OURENSE” de acordo coas seguintes BASES


1.º- Poderán participar todas as persoas que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que as súas obras se presenten en galego ou portugués.
2.º- Non poderán presentarse os/as gañadores/as das cinco edicións anteriores a esta convocatoria.
3.º- Os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de SEISCENTOS VERSOS. Presentaranse mecanografados en follas tamaño A-4, en exemplar sextuplicado, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
4.º- Outorgarase un único premio dotado de SEIS MIL EUROS, e a publicación do libro.
O importe do premio concederase con cargo á aplicación orzamentaria 200 3340 48951 do orzamento do Concello de Ourense prorrogado para o exercicio 2018.
5.º- As obras deberán presentarse baixo lema, indicando “PARA O XXXIV PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE” nun sobre pechado. No interior, e noutro sobre pechado e co mesmo lema, figurará unha fotocopia do documento de identidade do autor (DNI, pasaporte, tarxeta de residencia), enderezo, o seu teléfono e o enderezo electrónico.
Unha persoa pode presentar máis dunha obra ao certame, sempre e cando cada unha se presente de forma independente e cumprindo todos os requisitos.
6.º- O Xurado cualificador será nomeado pola Concellaría de Cultura, estará integrado por personalidades das letras galegas e portuguesas, a persoa gañadora do ano anterior e un representante da Corporación que exercerá a presidencia. A súa decisión será inapelable e terá lugar no mes de xuño.
7.º- O Excmo. Concello de Ourense, considera a contía do premio en concepto de adianto polos dereitos de autoría e resérvase o dereito de publicación da primeira edición en papel da obra gañadora.
A persoa beneficiaria do premio recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e ademais formará parte do xurado na seguinte edición.
O/A autor/a queda en liberdade para a contratación de eventuais reedicións transcorridos dous anos desde a primeira edición ou unha vez esgotada esta.
8.º- O prazo improrrogable de presentación rematará ás 14 horas do 20 de abril de 2018. A entrega farase no Rexistro do Excmo. Concello de Ourense (Praza Maior, s/n), directamente ou por correo certificado, facendo constar no sobre “PARA O XXXIV CONCURSO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE”. As persoas que concorran de Portugal poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos.
9.º- O premio poderá ser declarado deserto se, a xuízo do Xurado, os traballos presentados non reúnen suficientes méritos ou non se axustan ás condicións establecidas na convocatoria.
10.º- Os traballos non premiados deberán ser retirados no prazo dun mes desde o día do veredicto. En caso de non se recolleren dentro deste prazo, os orixinais serán destruídos.
11.º- En caso de ser premiado, o autor comprométese a declarar baixo a súa responsabilidade o carácter inédito e non premiado da súa obra, o seu total sometemento ás bases do concurso, así como a pórse a disposición do Concello para a posterior promoción e difusión do premio e da obra editada.
12.º- O feito de participar neste Concurso implica a total aceptación e conformidade das presentes Bases. Todas as incidencias non previstas nestas Bases serán resoltas pola Concellería de Cultura ou polo Xurado cando este quede constituído.
Para calquera dúbida, discrepancia, reclamación ou cuestión que poida suscitarse sobre a interpretación e execución das presentes bases, as partes renuncian ao foro propio que puidese corresponderlles e sométense expresamente á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Ourense.
13.º- A persoa gañadora autoriza o tratamento de datos persoais e a súa inclusión nun ficheiro xestionado polo Concello de Ourense coa finalidade de estatística. A persoa interesada poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 15/1999 mediante correo electrónico a Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar. ou por correo ordinario á Concellería de Cultura (rúa da Canle 2– 32005 Ourense).

Ourense, xaneiro 2018

Contactos

   259303080

 gremio@cm-vilareal.pt

   Rua Madame Brouillard, 30
     5000-573 Vila Real

Aplicação do Município
A nossa aplicação está disponível para IOS e ANDROID
Informações